O Club Cisne Balonmano logrou este sábado unha vitoria agónica ao imporse ao Soria por 31-32.
Os pontevedreses foron a remolque practicamente todo o encontro, pero lograron empatar cando restaban dez minutos de partido para acabar impoñéndose cun gol de Guilherme Linhares a segundos do final.
Os brancos entraron mal ao enfrontamento, sufrindo o inicio demoledor dun equipo soriano que sorprendeu para converterse en claro dominador da primeira metade (12-7).
O equipo de Quiños tratou de reaccionar para facer dano ao rival, pero non atopaba solucións, topándose cun muro en portaría chamado Felipe García que se encargou de manter a vantaxe para o seu equipo ao termo do primeiro tempo (19-16).
Tras o paso polos vestiarios, os xogadores visitantes saíron durmidos á cancha, recibindo un parcial demoledor de seis tantos que empezaba a complicar seriamente a súa situación (23-17).
Pero o Cisne non baixou os brazos e rexurdiu das súas cinzas, encadeando da man de Martín Santos, Xoan Fernández e Yago López un parcial de tres goles en apenas un minuto que reavivou a esperanza e obrigou ao equipo soriano a pedir tempo morto (23-20).
A partir de aí, o conxunto lerezano tomou o control do xogo e, tras un intercambio de acertos, logrou darlle a volta ao marcador (27-29) da man dun Xoán Fernández moi acertado en ataque.
O Soria logrou empatar a 31 cando restaban menos de tres minutos para a conclusión e Quiños detivo o cronómetro, buscando que o seu equipo xestionase con paciencia a última posesión e levar vitoria. Guilherme Linhares asumiu a responsabilidade de lanzar a portaría, anotando o gol decisivo á media volta que supuxo o 31-32.
Restaban aínda uns segundos por disputarse e o Soria buscou a resposta tras solicitar tempo morto, pero a defensa cisneísta resistiu o empuxe do rival para sumar a súa terceira vitoria consecutiva.
Consulta as estatísticas neste enlace