Por cuarta vez na historia do Club Cisne Balonmán, un dos seus equipos estará presente nunha fase final do Campionato de España, e aínda por riba coa honra de ser organizador da competición.
O conxunto cadete da entidade pontevedresa repite por segundo ano presencia entre os 8 mellores equipos do país, e faino "moi ilusionados" con lograr un bo resultado.
Non será tarefa sinxela en todo caso superar o oitavo posto conseguido hai un ano, porque "xa chegar aquí é histórico", recoñece o adestrador Óscar Arosa, "pero os rapaces non queren quedar aí", asegura.
O Cisne competirá desde este mércores 29 de maio no Grupo A con o "primeiro, terceiro e cuarto do ano pasado", explica Arosa sobre o nivel da competición, é dicir, contra Ikasa Madrid, FC Barcelona e Ademar León. Ese grupo terá como sede o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, mentres que o pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario do Grupo B con Granollers, Zarautz, San Agustín e BM Leganés.
A fase de grupos disputarase ata o venres 31 de maio, clasificándose os dous primeiros de cada grupo para as semifinais do sábado 1 de xuño (CGTD), onde estará en xogo o pase á gran final e a loita polo bronce da matinal do domingo 2 de xuño en Príncipe Felipe.
Os horarios da fase final do Campionato de España Cadete son:
-
Mércores 29 de maio
- 18:30 horas. Grupo 1. Ikasa BM Madrid - Ademar (CGTD)
- 20:30 horas. Grupo 1. Cisne - Barcelona (CGTD)
- 16:30 horas. Grupo 2. San Agustín - Leganés (P.Felipe)
- 18:30 horas. Grupo 2. Zarautz - Granollers (P.Felipe)
-
Xoves 30 de maio
- 18:30 horas. Grupo 1. Ikasa Madrid - Barcelona (CGTD)
- 20:30 horas. Grupo 1. Cisne - Ademar (CGTD)
- 16:30 horas. Grupo 2. Zarautz - Leganés (P.Felipe)
- 18:30 horas. Grupo 2. Granollers - San Agustín (P.Felipe)
-
Venres 31 de maio
- 18:30 horas. Grupo 1. Barcelona - Ademar (CGTD)
- 20:30 horas. Grupo 2. Cisne - Ikasa Madrid (CGTD)
- 11:00 horas. Grupo 2. Leganés - Granollers (P.Felipe)
- 13:00 horas. Grupo 2. San Agustín - Zarautz (P.Felipe)
-
Sábado 1 de xuño
- 18:00 horas. 1ª semifinal (CGTD)
- 20:00 horas. 2ª semifinal (CGTD)
-
Domingo 2 de xuño
- 10.30 horas. Terceiro e cuarto posto (P.Felipe)
- 12:30 horas. Final (P.Felipe)