Clases de ximnasia online cos monitores de Bueu para levar mellor o confinamiento

Bueu
18 de abril 2020

Polo momento hai catro vídeos: dúas sesións de aerobic con María Piñeiro, un de ximnasia de forza e resistencia con Juan  R. Martínez e outro de  pilates con Gonzalo Fernández. Durante os próximos días iranse publicando máis propostas, ademais de contidos de interese como cultura, deporte, medio ambiente, ou turismo

Páxina de Youtube dos monitores de ximnasia de Bueu
Páxina de Youtube dos monitores de ximnasia de Bueu

Son moitas as ideas que foron xurdindo para manter a forma física durante o confinamento e así non caer no sedentarismo.

Posto que todas as actividades tivéronse que suspender debido á alerta sanitaria, a única alternativa é seguir as clases a través de internet. Por iso, os monitores do Concello de Bueu, quixeron sumarse a esta iniciativa e imparten os seus coñecementos na canle de Youtube.

Polo momento hai catro vídeos: dúas sesións de aerobic con María Piñeiro, un de ximnasia de forza e resistencia con Juan R. Martínez e outro de pilates con Gonzalo Fernández. "O obxectivo é contribuír ofrecendo alternativas para que as persoas que o desexen poidan facer deporte de forma fácil nas súas casas", destaca o concelleiro de Deportes, Ricardo Verde.

Promovendo os hábitos saudables e aproveitando a boa acollida dos vídeos, iranse publicando máis propostas durante os próximos días, ademais de contidos de interese como cultura, deporte, medio ambiente, ou turismo.

Por último, o edil apunta que os monitores manteñen contacto telemático coas persoas usuarias das ximnasias, pero en especial coas de matrogimnasia e prenatal.