A Clásica Evaristo Portela colle a remuda da 4 Picos

Pontevedra
11 de maio 2025
Actualizado: 12 de maio

A marcha cicloturista contou cun percorrido de 112 quilómetros e dous tramos cronometrados

Pontevedra 4 Picos Road Clásica Evaristo Portela 2025 Global DxT

Despois do éxito que tivo este sábado a proba de BTT da 4 Picos, chegou a quenda da Clásica Evaristo Portela de ciclismo na estrada.

O evento deportivo organizado por Global DxT homenaxeou ao exciclista e actual director deportivo do GD Supermercados Froiz percorrendo as estradas secundarias e subindo, un ano máis, os montes da contorna pontevedresa.

A proba ciclosturista contou cun percorrido de 112 quilómetros, un desnivel acumulado positivo de 1850 metros e dous tramos cronometrados.

Comandados por motos, coches e ambulancias para dar a máxima seguridade ao percorrido, os ciclistas realizaron os primeiros 40 quilómetros da marcha de forma neutralizada para despois levar a súa propia velocidade até o final da proba.

Arrincaron desde o Pazo dá Cultura e atravesaron Cotobade-Cerdedo, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos, Soutomaior, Vilaboa, Marín e para finalizar de novo en Pontevedra.