Competición apraza o Teucro-Bordils do próximo sábado 23

Pontevedra
20 de xaneiro 2021

O conxunto pontevedrés solicitara a suspensión do encontro polos dous casos de Covid detectados no plantel e a corentena que deben completar os seus compañeiros de piso, tamén xogadores do equipo

Partido entre o Teucro e o San Martí Adrianenc no Pavillón Municipal de Pontevedra
Partido entre o Teucro e o San Martí Adrianenc no Pavillón Municipal de Pontevedra / Cristina Saiz

Fíxose de rogar, pero xa é oficial. O regreso da competición tras o parón de Nadal deberá esperar polo menos unha semana máis para a Sociedad Deportiva  Teucro.

Tras detectar dous casos de Covid no seu persoal á volta das vacacións, coa corentena doutros dous xogadores que comparten piso cos afectados, o club pontevedrés solicitou o aprazamento do seu primeiro partido do ano na División de Honra Prata, o que debía enfrontarlle o vindeiro sábado 23 de xaneiro ao Bordils no Pavillón Municipal dos Deportes.

Os azuis argumentaban que, aínda que desen negativo, os xogadores en corentena non poderían chegar á cita deixando baixo mínimos o plantel. 

Finalmente o Comité de Competición da Real Federación Española de Balonmán aceptou a petición, confirmando a última hora do martes a suspensión.

Ambos os dous clubs contan agora cun prazo estipulado para fixar unha nova data do encontro.