Un problema menos para Luisito. O técnico do Pontevedra poderá aliñar o vindeiro domingo (17:00 horas) en Pasarón ante o Celta B ao seu dianteiro titular, Borjas Martín.
O Xuíz de Competición estimou as alegacións do club granate pola expulsión que o seu futbolista sufriu o pasado domingo ante o filial do Sporting ao deixar sen efecto una dos cartóns amarelos que viu.
O Pontevedra reclamaba en concreto que se retirase a segunda desas amoestacións, a que viu no minuto 74 de partido nunha acción de ataque na que Borjas terminou chocando cun rival.
Ao anularse o castigo, os granates non contarán con ningún futbolista sancionado para o choque desta semana. Pola contra Luisito recupera para a cita Anxo e a Pablo, que cumpriron ciclo de cartóns a pasada xornada.
Así pois a única dúbida no equipo granate é o estado físico dos dous lesionados. Capi atópase a piques de reaparecer tras superar unha rotura muscular no xemelgo, lesión similar á que mantén afastado das convocatorias a Pablo Carnero.