A polémica derrota da Sociedad Deportiva Teucro en Zamora non ten volta atrás.
O Comité de Competición da Real Federación Española de Balonmán desestimou o recurso presentado polo club pontevedrés, que pedía a repetición do último minuto do partido, momento no que sentiu gravemente prexudicado pola decisión dos árbitros de conceder un tempo morto ao equipo local cando o Teucro xa estaba en situación clara de contragolpe para empatar.
Segundo o organismo federativo, baseándose no artículo 185 do regulamento de competición, "as decisións arbitrais adoptadas ao longo dun encontro son inapelables e, ademais, as gravacións achegadas non permiten, máis alló da apreciación subxectiva do propio club interesado, desvirtuar a inicial presunción de veracidade e imparcialidade da que gozan as decisións arbitrais".
Con esas palabras Competición desestima a queixa presentada polos azuis e dá por definitivo o resultado do encontro de 23 a 22 para os de Zamora, rival directo pola permanencia na División de Honra Prata.
O Teucro pode aínda recorrer ao Comité de Apelación.