Complicado inicio de liga para o Leis feminino coa visita do Soto del Real

Pontevedra
03 de outubro 2014

O renovado proxecto pontevedrés estréase no Pavillón Municipal dos Deportes ante un dos favoritos ao ascenso

Jugadoras do Leis Feminino durante o partido de Copa Xunta ante o Poio
Jugadoras do Leis Feminino durante o partido de Copa Xunta ante o Poio / Diego Torrado

Chega a hora da verdade para o Leis Pontevedra Fútbol Sala Feminino, que estrea a tempada en Segunda División recibindo a un óso duro, o Soto del Real.

Despois dunha intensa pretempada as pontevedresas queren confirmar as súas boas sensacións ante un dos favoritos do grupo, equipo recén descendido da máxima categoría.

Un dos técnicos do equipo tras a unión co Marcón, David Muñoz, cualifica o debut ligueiro como "un partido moi complicado", pero asegura que "estamos a preparar ben o encontro e a nosa intención é a de competir ao maior nivel que a estas alturas da tempada se permita".

O choque disputarase no Pavillón Municipal dos Deportes o domingo 5 de outubro ás 12:00 horas.