Concentración de luxo para os deportistas do Número Phi

Umia
16 de febreiro 2024

Os deportistas do club de taekwondo Número Phi Ayrton Iglesias, Roi Fraga e Ekaterina Rebón, xunto á adestradora Lua Piñeiro compartirán adestramentos durante unha semana co club Hankuk de Madrid, un dos máis importantes a nivel nacional onde se atopan medallistas olímpicos e mundiais como a subcampioa olímpica Adriana Cerezo, ou as medallistas internacionais Marta Calvo e as irmás Marton  

Os deportistas do Número Phi na concentración co club Hankuk
Os deportistas do Número Phi na concentración co club Hankuk / Número Phi

Os deportistas do club de taekwondo Número Phi Ayrton Iglesias, Roi Fraga e Ekaterina Rebón, xunto á adestradora Lúa Piñeiro compartirán adestramentos durante unha semana co club Hankuk de Madrid, un dos máis importantes a nivel nacional onde se atopan medallistas olímpicos e mundiais como a subcampioa olímpica Adriana Cerezo, ou as medallistas internacionais Marta Calvo e as irmás Marton.

"É un luxo poder adestrar nun centro como o Hankuk. Sabemos que será duro xa que o nivel de esixencia vai ser máximo, pero se queremos seguir crecendo para chegar á categoría absoluta coas máximas garantías, temos que aprender cos mellores", asegurou Lúa Piñeiro.

A adestradora resaltou que "a humildade é clave no deporte e na vida", por iso "sabemos que este equipo está a ter uns resultados que non son normais. A súa preparación física é impresionante, ademais da súa actitude fronte aos combates. Vimos a que os mozos se empapen desta forma de traballar para volver máis fortes".

A concentración durará cinco días nos que os mozos deportistas adestrarán en dobre sesión con adestradores diferentes e de diferentes países, polo que será "moi positivo aprender de todas esas fontes", explicaron desde o club.

Ayrton Iglesias, Roi Fraga e Ekaterina Rebón buscarán clasificarse na Clasificación autonómica para o nacional e de aí soñar cos internacionais. No Copa Coruña, primeira cita do ano, Roi e Katy conseguiron o ouro, afianzando o seu lugar, mentres Ayrton logrou puntos cun Bronce.

A seguinte cita será de novo en Galicia co Vila de Moaña e despois chegará o Open de Bélxica e conseguir a praza para o Nacional.