Que siga a xeira positiva. O Pontevedra Club de Fútbol recibe este domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón o Marino de Luanco coa ambición de buscar a súa cuarta vitoria consecutiva na liga, a segunda da era Pouso, e seguir escalando postos na clasificación.
Non será tarefa sinxela, aventura o técnico granate, e é que o conxunto asturiano "es un equipo ordenadísimo, muy solidario en el trabajo defensivo, con buenos futbolistas de medio campo para adelante capaces si no estamos bien en las vigilancias de hacernos un roto", asegura.
O Marino, dirixido no banco por Oli, ex xogador do Oviedo, Betis ou Cádiz, marcha actualmente na 13ª posición da táboa con 14 puntos, 4 menos que os pontevedreses.
"Facilidades nos van a dar entre cero y ninguna", mantén Carlos Pouso, que quixo trasladar unha mensaxe de calma cara ao plantel: "Tenemos que ir semana a semana, partido a partido, que parece que el Cholo lo ha puesto de moda pero es de toda la vida", sinalou.
O técnico non poderá contar aínda nin con Nacho López nin con Berrocal, na fase final de recuperación da súa lesión pero cuxa aliñación esta semana sería "algo prematuro", recoñece. Desta forma tanto a convocatoria como o once inicial asemellarase ao do pasado domingo en Las Rozas, aínda que o inquilino do banco de Pasarón avisa sobre posibles retoques porque "cada semana siempre hay algún matiz que corregir, de adaptación a lo que nos vamos a encontrar".
A lista de convocados en concreto compoñerana os 18 homes dispoñibles do primeiro plantel: Edu, Brian, Campillo, Jaouad, Churre, Pol Bueso, Naveira, Santi Figueroa, Mejía, Álex Fernández, N'Diaye, Romay, Álex González, Bustos, Pedro Vázquez, Javi Pazos, Rivera y Adighibe.
O encontro entre Pontevedra e Marino será arbitrado polo madrileño Manuel Ángel Pérez Hernández.