Continuidade no banco do Leis Pontevedra

Pontevedra
13 de xuño 2017

Manu Cossío e Raúl Jiménez foron renovados como adestradores dos primeiros equipos do Leis, masculino e feminino. O club pontevedrés solicitará á Federación saír unha praza na Segunda División Feminina tras o descenso deportivo do equipo

Manu Cossío, nun partido do Leis no Municipal
Manu Cossío, nun partido do Leis no Municipal / Diego Torrado

O Leis Pontevedra pechou as renovacións de Manu Cossío e Raúl Jímenez, que seguirán un ano máis como adestradores dos equipos masculino e feminino da entidade respectivamente.

Cossío estará á fronte do equipo pontevedrés por sexta tempada consecutiva, afrontando de novo a liga de Segunda División B. Ademais continuará colaborando coas categorías inferiores, nas que desempeñará o cargo de director de contidos e metodolgía do club.

Máis incerto é o futuro do equipo feminino no que Raúl Jiménez encarará o seu segundo ano no banco, despois do descenso deportivo na Segunda División.

A intención do club pasa por solicitar á Real Federación Española de Fútbol unha praza na categoría de prata, pero se non é posible o equipo sairá na Liga Autonómica.

Trátase, aseguran desde o Leis, de dar continuidade a un proxecto deportivo pensando no longo prazo, que pasa por ir sumando ano a ano a máis xogadores procedentes das categorías inferiores.