Convincente estrea de Jéssica Bouzas no US Open e pase a segunda rolda

O Salnés
28 de agosto 2024

A tenista arousá superou en apenas unha hora de partido á croata Petra Martic na súa estrea no cadro final do grand slam neoiorquino

Jéssica Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023
Jéssica Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023 / RFET

Jéssica Bouzas arrincou con bo pé a que é a súa primeira participación no cadro final do US Open, último grand slam da tempada.

A tenista arousá, que estreaba esta semana o mellor ranking da súa carreira (número 74 mundial), arroiou en primeira rolda do torneo neoiorquino á croata Petra Martic.

Bouzas, moi consistente no seu xogo, apenas cedeu tres xogos en todo o partido cun marcador de 6-3 e 6-0 en só 1 hora e 4 minutos de xogo.

Jéssica avanza así a segura rolda do US Open asegurando xa pase o que pase seguir progresando na clasificación WTA.

A súa seguinte rival será agora a británica Katie Boulter, actual número 33 do mundo.