Correctivo do Villalonga ao Céltiga, sorprendente tropezo do Arosa e triunfo do Ribadumia que frea ao Bouzas

O Salnés
16 de outubro 2016

Segunda derrota consecutiva do Céltiga no seu campo do Salvador Otero e de novo nun derbi. Se fai dúas xornadas era o Arosa quen levaba os puntos, nesta ocasión foi o Villalonga o que derrotou ao equipo insular e ademais con goleada incluída

Partido entre Villalonga e Ribadumia en San Pedro
Partido entre Villalonga e Ribadumia en San Pedro / Diego Torrado

Segunda derrota consecutiva do Céltiga no seu campo do Salvador Otero e de novo nun derbi. Se fai dúas xornadas era o Arosa quen levaba os puntos, nesta ocasión foi o Villalonga o que derrotou ao equipo insular e ademais con goleada incluída.

Pablo Mota abría o marcador cun gol dos chamados psicolóxicos, no último minuto do primeiro tempo. Rubén Cerqueiras conseguía o segundo para os celestes aos 66 minutos de partido.

Tentou reaccionar o Céltiga, reducindo distancias no minuto 71, por medio de Nelo, pero os de Antonio non deron opción á remontada e un minuto máis tarde sentenciaban co terceiro tanto, obra de Javi Pazos.

Xa no último minuto, Adrián Padín completaba a goleada celeste.

Consulta aquí o acta do partido.

Non lle sentou ben a resaca da vitoria na final autonómica da Copa Federación ao Arosa. Os de Jorge Otero perderon a súa imbatibilidade de forma sorprendente na súa visita ao CD Castro. Os lucenses, que viñan de acumular tres derrotas consecutivas, cambiaron a dinámica vencendo pola mínima a un Arosa lonxe do seu mellor nivel.

Un solitario gol de Martín, aos 19 minutos de xogo, foi suficiente para facer que os puntos quedasen en casa. O Arosa tentouno ata o final sen éxito nin acerto ante a portería contraria, a pesar de dispoñer dun bo número de ocasións para o menos conseguir a igualada.

Con este resultado xa non quedan equipos invictos en Terceira e os arlequinados abandonan a zona de play-off.

Consulta aquí o acta do partido.

Non perdía o Rápido de Bouzas desde a súa visita ao Racing Villalbés, co que compartía liderado. Fíxoo por segunda vez esta tempada na Senra, onde se atopou un Ribadumia serio, empeñado en presentar a súa candidatura á zona nobre.

Os de Pachi Salinas víronse superados por un Ribadumia que suma o seu terceiro triunfo consecutivo, levantándose á sétima praza, cos mesmos puntos que o Deportivo B, que completa os postos de play-off.

Fran Fandiño, aos 13 minutos, conseguía o gol da vitoria local.

Consulta aquí o acta do partido.