Toque de atención para o Leis Pontevedra no seu obxectivo de pelar polos puesos que darán acceso a xogar a próxima Copa do Rei. Así analiza o club pontevedrés a contundente derrota encaixada no Pavillón Municipal dos Deportes na visita do Guardo FS (4-9).
Os pupilos de Manu Cossío comezaron o partido dominando e logrando o 1-0 por medio de Dani, pero o cadro visitante empatou e a pesar de defenderse, aproveitou cada erro do Leis para levar perigo.
Así chegarían dous tantos do Guardo para poñer o 1-3. Acurtou distancias o Leis pero un dobre penalti supuxo o 2-4 antes do descanso.
O segundo acto arrincou co Leis envorcado na busca da remontada, pero o Guardo mostrouse moito máis enteiro e eficaz en ataque para ir aumentado a renda ata o 3-7 (minuto 28).
Con dez minutos por xogar Cossío apostou por xogar de cinco, pero a falta de acerto impediu recortar distancias. Sentenciarían os visitantes con dous goles antes de que Raúl maquillase o resultado co 4-9 final nos últimos segundos.
A derrota deixa ao Leis na quinta praza da Segunda División B con 30 puntos.
Moito peor ségueo tendo o ADFS Bueu, que non levanta cabeza e esta xornada encaixou unha nova derrota, esta vez na cancha do Cistierna (6-3).
Os de Javi Santos comezaron gañando cun gol de Alexis, e dispuxeron de ocasións para aumentar a vantaxe, pero a falta de concentración en defensa terminoulles por castigar en exceso, chegando ao descanso co partido case decidido (6-2).
Os do Morrazo só sumaron tres puntos nos dous últimos meses de liga e ven como se afasta o obxectivo da salvación, xa que seguen pechacancelas con 12 puntos, a catro dos equipos que lle preceden na clasificación.