Covadonga, o primeiro exame en céspede artificial: "Non vai cambiar a nosa idea pero si teremos que adaptala"

Pontevedra
24 de novembro 2023

O Pontevedra Club de Fútbol visita este domingo (16.00 horas) o campo do Covadonga asturiano, último clasificado, pero faino coas alertas activadas porque "o contexto do terreo de xogo e as súas dimensións vainos condicionar", recoñece Yago Iglesias

Yago Iglesias no partido de liga entre Pontevedra CF e Arandina CF en Pasarón
Yago Iglesias no partido de liga entre Pontevedra CF e Arandina CF en Pasarón / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol visita este domingo (16.00 horas) o campo do Covadonga asturiano, último clasificado, pero faino coas alertas activadas porque "o contexto do terreo de xogo e as súas dimensións vainos condicionar", recoñece Yago Iglesias.

Trátase do primeiro encontro da tempada en céspede artificial (despois virán o Ourense CF, Langreo e Guijuelo) e aínda que "non vai cambiar a nosa idea si teremos que adaptala", afirma o preparador granate, porque "seguremante non poderemos ter tanto control de xogo como outros partidos, aínda que sexa a nosa idea".

Yago espera un encontro "con xogadas curtas, moi trabado, moitas faltas e saques de banda", nun campo "no que as cousas pasan moi rápido" e no que haberá que estar especialmente concentrado.

O adestrador do Pontevedra asegura en todo caso que "non busco escusas" e "temos unhas ideas moi clara do que temos que facer" para conseguir os tres puntos en xogo.

A única dúbida no equipo pontevedrés é saber se o seu segundo porteiro, Manu Vizoso, poderá entrar na convocatoria tras unha semana exercitándose a menor ritmo por molestias no ombreiro. De non recuperarse a tempo viaxará co equipo uno dos gardametas do filial.