A Federación Española de Tríatlon deu a coñecer a convocatorias elite de dúas das grandes competicións internacionais que se celebrarán esta tempada en territorio nacional, os Campionatos de Europa de Tríatlon de Media Distancia e tamén de Acuatlón que terán lugar no mes de maio en Pamplona.
Na segunda desas probas haberá representación pontevedresa, xa que foi convocado para representar a España en acuatlón Cristian Fernández Nieto.
O deportista poiense, afectado nos últimos meses por problemas de saúde, volve mirar con optimismo ao seu futuro deportivo cun gran reto internacional, e todo iso co Mundial que se celebrará en xuño en Pontevedra asomando no horizonte, no marco dos Mundiais Multideporte.
Primeiro chegará a cita continental, á que Cristian acode con grandes esperanzas.
"Despois de meses de traballo, e non darse por vencido o obxectivo faise realidade. Toca seguir adestrando con máis ilusión que nunca", sinalou a través das súas redes sociais tras compartir a noticia da súa convocatoria.
Convocado para el Campeonato de Europa de Acuatlón 2025!
— Cristian Fernandez Nieto (@Tianillo) April 7, 2025
Es oficial: representaré a @triatlonsp en el Europeo.
Después de meses de trabajo, y no darse por vencido… el objetivo se hace realidad.
Toca seguir entrenando con más ilusión que nunca. ¡Nos vemos en la línea de salida! pic.twitter.com/908uulmfHa
O equipo elite de España no Europeo de Acuatlón contará tamén en categoría masculina con Kevin Tarek Viñuela e Julen Andueza.
Cabe lembrar que Viñuela é o actual campión do Mundo, conseguido a pasada tempada en Australia nunha carreira na que Cristian Fernández, ouro en 2023, fíxose cunha gran medalla de bronce.
A guardesa Elsa Pena, formada durante anos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, tamén foi convocada polo equipo elite feminino xunto a Gemma Valentina e Marina Muñoz.
O Campionato de Europa de Acuatlón de Pamplona celebrarase o próximo 15 de maio.