Cultural Areas amárgalle a tarde a un Ribadumia negado no remate (0-1)

O Salnés
02 de abril 2015

Un gol de penalti transformado por Costas, na primeira e case única chegada con perigo serio dos de Fonsi Valverde, ao fío do descanso, deulle a vitoria, non sen antes soportar un verdadeiro aluvión de ocasións de gol desperdiciadas polo equipo local, incluíndo dous disparos á madeira, que foi moi superior pero estivo negado no remate

Óscar Guimeráns remata a porta no partido entre Ribadumia e Cultural Areas na Senra
Óscar Guimeráns remata a porta no partido entre Ribadumia e Cultural Areas na Senra / Diego Torrado

Necesitaba o Ribadumia os tres puntos para manterse na loita polo cuarto posto. En fronte tiña un rival que parecía propicio para que os de Gabi Leis conseguisen o triunfo. Claro que o Cultural Areas tamén xogaba unha especie de final no seu intento desesperado e case imposble por abandonar os postos de descenso. E saltou a sorpresa. O viceúltimo impúxose, pero sen restar méritos ao seu traballo, máis por desacertos do equipo aurinegro que polo exhibido sobre o ben coidado cesped da Senra.

Un gol de penalti transformado por Costas, na primeira e case única chegada con perigo serio dos de Fonsi Valverde, ao fío do descanso, deulle a vitoria, non sen antes soportar un verdadeiro aluvión de ocasións de gol desperdiciadas polo equipo local, incluíndo dous disparos á madeira, que foi moi superior pero estivo negado no remate.

A primeira parte ofreceu a un Ribadumia perdido na trampa táctica disposta polo técnico visitante, que optou por unha defensa de tres, deixando as bandas abertas para formular batalla con superioridade na zona ancha. O Ribadumia non soubo aproveitar as bandas, ante a tarde desafortunada de Ismael e Sylla, mentres que Álex Gómez e Sidibé tiñan serias dificultades para conectar co arquitecto do xogo local, ÿscar Guimeráns.

Aínda así, os propietarios do terreo dispuxeron de tres ocasións moi claras a primeira nunha volea de ÿscar Guimeráns que saíu lixeiramente desviada, a segunda nun remate de Changui dende a frontal á que respondeu Sebas cunha gran parada, mandando o balón a corner, e a terceira e máis clara nun remate de cabeza de Sylla, á saída dun corner, que se lle foi alto nunha posición inmellorable.

Os visitantes, que non inquietaran limitándose a defender a súa parcela, encontraron un premio inesperado nun disparo de Titi Romero que dá no brazo de Adrián Padrón. O árbitro sinala penalti e Costas transformaba, minuto 44, enganando a Javi Sánchez.

A segunda parte foi un monólogo sen premio do Ribadumia, que xerou tantas ocasións de gol como fallos nos seus remates. Cada saque de esquina ou falta lateral, e o Ribadumia dispuxo dun elevado número, remataba en remate con perigo pero sen puntaría nin fortuna. ÿscar Guimeráns xa puxo empatar no primeiro minuto da reanudación, pero a defensa taponou. Logo virían os remates de cabeza de Sidibé, ao longueiro, de Sylla, fóra dende preto, de Aram, tamén de cabeza, que conseguiu desviar Sebas, e outra máis de Sylla, con disparo novamente ao longueiro.

O asedio non deu o seu froito e o Ribadumia encaixou unha inesperada e inxusta derrota que o afasta da loita polo cuarto posto, ao mesmo tempo que os tres puntos permiten ao Cultural Areas manter un sopro de esperanza.

CD RIBADUMIA (0): Javi Sánchez; Pacheco (Nelo, min. 73), Aram, Adrián Padrón, ÿscar Río; Sidibé, Álex Gómez; Sylla, ÿscar Guimeráns, Ismael (Padín, min. 46); e Changui.

CULTURAL AREAS (1): Sebas; Costas, Belfortti, Salva; Hugo., Titi Romero, Ramos, Couso (Cañi, min. 60); Luismi; Weller (Mota, min. 73) e Cuadrado (Fonseca, min. 85).

Árbitro: Bruno Méndez Castro (A Coruña), auxiliado nas bandas por Pablo Rama Cotelo e Víctor Recarei Añón. Amoestou a Javi Sánchez, Adrián Padrón e Álex Gómez, polos locais, e a Cuadrado e Cañi, polos visitantes.

Goles: (0-1) Minuto 44: Costas, de penalti.

Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 150 espectadores.