Cun ollo no estado de Pasarón e outro nun Coruxo en plena xeira positiva

Pontevedra
23 de novembro 2018

O Pontevedra recibirá o domingo (17:00 horas) en Pasarón a un Coruxo que acumula seis xornadas sen perder nun encontro que previsiblemente estará condicionado polo estado do céspede debido ás malas previsións meteorolóxicas. "El que mejor se adapte seguramente tendrá bastante ganado", recoñece Luismi

Partido de Copa Federación entre Pontevedra e Langreo
Partido de Copa Federación entre Pontevedra e Langreo / Mónica Patxot

Segundo encontro na casa en poucos días, esta vez en liga, para un Pontevedra que quere recuperar a súa solidez na visita ao Estadio Municipal de Pasarón (domingo, 17:00 horas) do Coruxo.

O conxunto pontevedrés encadea tres xornadas sen gañar, un xeira que choque coa dun Coruxo que encadea seis partidos sen perder (2 vitorias e 4 empates), o que lle fixo subir ata o noveno posto con 18 puntos.

Na casa granate, ademais do bo momento dos vigueses, mírase de esguello é estado do céspede de Pasarón tras o choque de Copa Federación e tamén ante as malas previsións meteorolóxicas para toda a fin de semana.

"No beneficia a nadie, a todos nos gustaría que Pasarón estuviese mejor", asegura Luismi, para quen o que "mejor se adapte seguramente tendrá bastante ganado", segundo sinalou na rolda de prensa previa ao encontro.

Un terreo de xogo que se espera pesado e que obrigará a "hacer un juego más directo", defende. Neste punto recuperar a Mikel Arruabarrena tras a súa lesión no xemelgo "nos vendría muy bien".

O certo é que o único futbolista do primeiro plantel que permanece lesionado é Álex Fernández, polo que o preparador granate deberá facer polo menos dous descartes máis.

En canto ao rival, no Pontevedra esperan un Coruxo "muy sobrio" que da man de Jacobo Montes "tiene muy claro a qué jugar".

O colexiado do encontro será o castelán-leonés Eder Mallo Fernández.