Da cancha á piscina e viceversa

Pontevedra
16 de xuño 2024

O Club Waterpolo Pontevedra e o Club Cisne Balonmano organizaron unhas xornadas de intercambio para as súas categorías inferiores. Durante a semana, as deportistas alternaron ambos os deportes, gozando de exercicios técnicos e partidos amigables nun ambiente cheo de diversión e compañeirismo    

Xornadas de convivencia entre as xogadoras do Waterpolo e o Cisne
Xornadas de convivencia entre as xogadoras do Waterpolo e o Cisne / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra e o Club Cisne Balonmano organizaron unhas xornadas de intercambio para as súas categorías inferiores. Durante a semana, as deportistas alternaron ambos os deportes, gozando de exercicios técnicos e partidos amigables nun ambiente cheo de diversión e compañeirismo.

O pasado luns 10 de xuño foi a quenda de practicar balonmán nas instalacións do Príncipe Felipe, onde as xogadoras realizaron unha serie de exercicios técnicos e xogos variados para finalizar cun partido.

O mércores 13 chegou o momento de saltar á auga na piscina de Rías do Sur. Alí, as deportistas fixeron unha sesión técnica de waterpolo e terminaron cun bonito partido.

Esta gratificante experiencia permitiu ás nenas coñecer un deporte moi similar ao que practican no seu día a día e gozar de dúas xornadas nas que primou a diversión e o bo ambiente.