Dani Hernández emociónase no anuncio da súa marcha do Teucro para ir vivir a Cantabria

Pontevedra
14 de decembro 2018

O lateral explicaba, acompañado por varios integrantes da xunta directiva, do corpo técnico e do plantel de xogadores, que marcha a Cantabria por motivos laborais da súa parella. Sobre a marcha de Natan Suárez, o club afirma que "por riba do deporte, hai outros valores"

Resumo da intervención de Dani Hernández anunciando a súa marcha do Teucro / Mónica Patxot
O Teucro sobre a rescisión de contrato a Natan Suárez: "Por encima del deporte, hay otros valores" /

Dani Hernández deixará a finais deste mes de ser xogador da Sociedad Deportiva Teucro, despois de catro anos e medio formando parte do club azul. O lateral explicaba este venres as causas que lle obrigaron a tomar esta decisión, que comunicaba á membors da xunta directiva, ao adestrador e ao preparador físico tras o partido contra o Alcobendas.

O motivo da marcha atópase en que a súa parella atopou un traballo en Cantabria e el decidiu trasladarse con ela para vivir nesta comunidade.

O xogador disputará os seus últimos partidos, malia que aínda ten molestias, na eliminatoria de Copa do Rei contra o Torrelavega. No acto deste venres, Daniel Hernández aseguraba, emocionado, que despedirse do Teucro é "difícil". Lembrou os seus primeiros pasos na entidade pontevedresa como xuvenil cando puido ver xogar a Gabi Ben Modo, a Martini ou a Quique Domínguez e vivir o ambiente no Municipal que lle creou un vencellamento que xa vai acompañalo sempre, afirmou.

Recoñeceu que a súa etapa foi fantástica e agradeceu aos compañeiro, ao actual corpo técnico, ao anterior, ao equipo médico e ao club, pero sobre todo a afección polo apoio que lle brindou durante os momentos máis difíciles. "Hai veces que están espectaculares", apuntou lembrando o partido onde se xogaban subir a Asobal ante o Barcelona B.

Hernández destacaba os dous ascensos, o descenso "deixándonos a pel" e a permanencia da pasada temporada. O xogador emocionouse en varias ocasións durante a súa despedida lembrando a numerosos compañeiros que compartiron vestiario con el durante estes anos.

Dani Hernández indicou que non deixa o balonmán xa que non está pechado a seguir xogando se aparece algún proxecto que o ilusione na contorna de Cantabria.

José Ameijeiras, vicepresidente do club, recoñecía que "Dani deja huella" e esta marcha fai moito dano deportivamente e, sobre todo, por ser una persona "de esta calidad humana". Neste sentido sinalou que atendendo ás dificultades económicas que ten o club están tentando buscar reforzos ante as baixas tanto de Dani Hernández como de Natan Suárez.

O CASO NATAN SUÁREZ

O vicepresidente José Ameijeiras referiuse ao caso de Natan Suárez, ao que o club rescindiu o contrato esta semana e que nas últimas horas asinaba co Cuenca sinalando sobre a súa marcha que  "salimos diciendo que es un motivo familiar pero aquí nadie es tonto y todo el mundo puede leer entre líneas. Natan, por motivos que no vamos a contar, tiene que salir de este club y el club toma la mejor decisión posible para el grupo. Por encima del deporte, tiene que haber otros valores. Las situaciones son personales y él las contará si las quiere contar".

Deseoulle sorte no seu novo equipo Asobal porque cre que pode ser un "pedazo" de jugador, pero asegurou que a súa etapa no Teucro rematou. Fontes relacionadas co club afirman que Natan Suárez tivo conflitos graves con varios xogadores do plantel e que se adoptou esta decisión "precipitada" para beneficiar o grupo e tamén o xogador catalán.