Dani López chega ao Teucro para achegar "experiencia, calidade técnica e recursos ofensivos"

Pontevedra
27 de maio 2026
Actualizado: 18:27

O extremo dereito procede do AD Carballal e formouse na canteira do Club Cisne Balonmano, co que chegou a debutar en Liga Asobal

Dani López, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Balonmano Soria no Pavillón Municipal
Dani López, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Balonmano Soria no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro confirma a incorporación do extremo dereito Dani López, procedente do AD Carballal e formado na canteira do Club Cisne Balonmano.

O xogador chegou a debutar en Liga Asobal co conxunto branco e agora se incopora ao proxecto de Sergio Carballeira para achegar "experiencia, calidade técnica e recursos ofensivos" desde a banda dereita.

A súa incorporación supón a quinta fichaxe do club de cara á tempada 2026/27 e únese a unha lista na que están Xoel Martínez, André De Moura, Álex Gómez e Álex López.

Así mesmo, o club confirmou ao longo desta semana as renovacións do lateral Rhuan Marchette e o pivote Martín González.

Desde a entidade recoñeceron estar "moi felices" pola continuidade de Marchette, ao tratarse dunha peza "fundamental" para o equipo combinando intensidade, carácter e coraxe.

Pola súa banda, González continuará unha tempada máis no club despois de estar na base e ascender até o primeiro equipo.