Daniela Suárez colga o ouro europeo con España

Pontevedra
28 de xuño 2025
Actualizado: 19:15

A pontevedresa forma parte do equipo técnico nacional que se acaba de proclamar campión de Europa júnior en Atenas

As integrantes do equipo técnico de natación artística co ouro do Europeo júnior
As integrantes do equipo técnico de natación artística co ouro do Europeo júnior / Real Federación Española de Natación

O equipo español de natación artística, con Daniela Suárez entre as integrantes, está a facer historia no Campionato de Europa júnior que se disputará até este domingo en Atenas.

A primeira xornada estivo marcada por roldas as preliminares, pero tras elas, as medallas non tardaron en chegar.

Unha delas foi para o equipo técnico formado por Naia Álvarez, Ariadna Benito, Rocío Calle, Isabel Shuang Cui, Xenia de la Puente, Carla Lorenzo, Paula Marcipar, Daniela Velázquez, Lily Gualteri e Daniela Suárez, que levou a medalla de ouro con moita vantaxe sobre as segundas.

O combinado español impúxose con 260,5326 puntos por diante de Italia (246,7800), que se colgou a prata, e de Francia (241,2933), que foi bronce.

A falta dunha xornada por disputarse, España acumula dous ouros, tres pratas e un bronce.

A pontevedresa terá dúas novas oportunidades para volver subir ao podio este fin de semana nas probas acrobática e de equipo libre.