O verán non ten descanso para Daniela Suárez.
A nadadora pontevedresa, dobre campioa europea júnior a principios de xullo coa Selección Española de Natación Artística, prepara estes días o seu seguinte reto, o Campionato do Mundo da categoría que terá lugar na capital de Perú.
Antes da competición, desde este martes día 13 Daniela concentrouse co equipo nacional júnior no Centro de Alto Rendemento (CAR) de San Cugat.
A representante do Galaico Sincro é unha das e os doce deportistas citados á concrentración, que se prolongará ata o 25 de agosto.
Será só uns días antes da cita mundialista, prevista do 28 de agosto ao 1 de setembro no Videna Aquatic Center da cidade de Lima.