Daniela Suárez prepárase en Barcelona para a súa participación no mundial infantil de natación artística

Pontevedra
02 de agosto 2023

A prometedora nadadora do Galaico Sincro concéntrase en Sant Cugat del Vallés ata o 28 de agosto antes de viaxar a Atenas para disputar o mundial da súa categoría

Daniela Suárez (primeira pola dereita) co equipo nacional infantil de natación artística
Daniela Suárez (primeira pola dereita) co equipo nacional infantil de natación artística

A prometedora nadadora do Galaico Sincro Daniela Suárez inicia este mes a súa andaina cara ao mundial infantil de natación artística, que se celebrará en Atenas entre o 30 de agosto e o 3 de setembro.

A pontevedresa preparará a súa participación na cita mundialista no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat do Vallès, en Barcelona, do 2 ata o 28 de agosto.

Pero esta vez Daniela non será a única representante da sincronizada galega no equipo nacional. Estará acompañada por Helena López, nadadora do RCN Vigo; e de Sandra Montes, directora técnica de natación artística no CGTD de Pontevedra e que exercerá de adestradora da selección española infantil neste mundial.