David Cal recorda Pekín 2008 como "unha das experiencias máis bonitas da miña traxectoria deportiva"

Pontevedra
25 de xullo 2020

Nun día no que debería celebrarse a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Tokio, David Cal botou a vista atrás para rememorar o "momento único" que viviu como abanderado do equipo español doce anos antes, nos JJOO de Pequín

Rolda de prensa de David Cal na UCAM
Rolda de prensa de David Cal na UCAM

Nun día no que debería celebrarse a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Tokio, David Cal botou a vista atrás para rememorar o "momento único" que viviu como abanderado do equipo español doce anos antes, nos XXOO de Pequín.

O mellor deportista español na historia dos Xogos Olímpicos cun ouro e catro pratas, lembrou nunha entrevista publicada pola Federación Española de Piragüismo a "espectacular" entrada no estadio de El Nido o 8 de agosto do 2008 e a anécdota na que se atopou ao ver que ía "50 metros ou non sei cuantos por diante da delegación española, cuxos integrantes se detiveron para saudar ante os medios de comunicación mentres el continuaba concentrado portando a bandeira á fronte con paso firme".

Cal deuse conta ao ver as imaxes por televisión e prensa, pero lembra que foi "unha das experiencias máis bonitas da miña traxectoria deportiva" porque, segundo el, "ser abanderado é algo que non che volverá a ocorrer, podes ser medallista en varios XXOO pero non terás da oportunidade de sentir de novo esas sensacións indescritibles".

Así mesmo, o cangués tamén participou nun vídeo para o Comité Olímpico Español, no que comentou a súa experiencia xunto con outros deportistas que abanderaron ao equipo español. Para David Cal "fue todo un honor. Recuerdo aquel momento con mucho cariño, justo antes de entrar al estadio se me hacía larga la espera y una vez que entramos y desfilamos se me hizo muy corta".

Agora só queda esperar ao próximo ano para ver como Saúl Craviotto (4 medallas olímpicas), convértese no terceiro piragüista abanderado da delegación española na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos que, nun principio, celebraranse do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021.