David Daporta e Nerea Alvite, vencedores da II Travesía a Nado de Raxó

Poio
07 de agosto 2017

A segunda edición da Travesía a Nado Concello de Poio xa ten gañadores. David Daporta e Nerea Alvite foron os máis rápidos, en categorías masculina e feminina respectivamente, en completar os 2.000 metros de percorrido polo litoral de Raxó

Participantes na II Travesía a Nado de Raxó
Participantes na II Travesía a Nado de Raxó / Diego Torrado

A segunda edición da Travesía a Nado Concello de Poio xa ten gañadores. David Daporta e Nerea Alvite foron os máis rápidos, en categorías masculina e feminina respectivamente, en completar os 2.000 metros de percorrido polo litoral de Raxó.

Preto de 200 nadadores participaron nesta proba deportiva, que partiu da praia de Xiorto e, seguindo toda a costa, chegou ata As Sinás antes de regresar ao areal.

David Daporta chegou a meta tras 30 minutos e 55 segundos nadando. Foi oito segundos máis rápido que o segundo clasificado, Jesús Carlos Quintás. O podio completouno Adrián Campaña, que completou o percorrido en 32 minutos e 5 segundos.

En categoría feminina, o triunfo foi para Nerea Alvite cun tempo de 32 minutos e 15 segundos. Apenas tivo rival, xa que o segundo posto foi para Eva Hidalgo, que entrou a 3 minutos e 28 segundos da gañadora. Terceira foi Sandra Vidal, con 36 minutos e 56 segundos.

A travesía tamén incluíu probas para nadadores de categoría alevín e cadete, que percorreron 150 e 500 metros a nado, respectivamente.

En alevín, os gañadores foron Nicolás Vázquez e Iria Lemos; mentres que en cadete impuxéronse José María Villaverde e Antía Ortefo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora