Davor Cutura regresa ao Teucro como xogador e coordinador da base

Pontevedra
22 de maio 2018

O club teucrista anunciou o regreso do serbio Davor Cutura, trece anos despois da súa saída do equipo. Chegará ao Teucro como membro do primeiro equipo, pero a súa implicación no club será maior. Actuará como adxunto a Laura del Castillo na coordinación da base

Davor Cutura nos xardíns de Casto Sampredro
Davor Cutura nos xardíns de Casto Sampredro / Mónica Patxot

Un dos xogadores estranxeiros que mellor recordo deixou en Pontevedra, tras o seu paso pola Sociedad Deportiva Teucro, volverá vestir de azul. O club teucrista anunciou o regreso do serbio Davor Cutura, trece anos despois da súa saída do equipo.

Davor Cutura chegará ao Teucro como membro do primeiro equipo, pero a súa implicación no club será maior. Actuará como adxunto a Laura del Castillo na coordinación da base.

O primeira liña serbio, que sempre estivo intimamente ligado á cidade e ao equipo pontevedrés, firma por unha tempada e pecha así o seu paso polo balonmán francés, onde xogou as tres últimas tempadas.

Tras o seu paso polo Teucro, club ao que chegou con tan só 22 anos, Davor Cutura militou no Arrate, Granollers, Valladolid, Benfica, Al Ahli, Al Quiyad, Chartres MHB 28 e Limoges Hand 87.

A este último equipo, que milita na Proligue, chegou en 2017 e durante esta tempada foi o xogador máis determinante, promediando preto de sete goles por partido e sendo nomeado como mellor central e mellor xogador da categoría.