O debut de Santi Gegunde co Arosa non puido ser mellor: gol e vitoria para o seu equipo na Lomba.
O conxunto arlequinado tivo que sufrir para conseguir os tres puntos ante o pechacancelas Arzúa, que a pesar de practicamente non xerar ningún tipo de perigo en área local, tivo ao seu porteiro Jose Leobalde como gran salvador da tarde.
E é que o Arosa tivo suficientes ocasións para ampliar a distancia e asinar unha avultada goleada, pero Leobalde impediuno.
O partido complicouse e aos locais entráronlle as présas ata que Santi Gegunde, que entrou no descanso por Rubo Blanco, apareceu para facer o único tanto pasada a hora de xogo.
Con este resultado, o Arosa suma tres puntos de ouro para manterse no cuarto posto da clasificación e meter presión á UD Ourense, que empatou ante o Viveiro, e está a tan só un punto dos arlequinados.
Consulta a acta nesta ligazón