Décimo oitavo posto para Adrián Esperón e Patricia Martínez no Mundial de 10 Bailes

Pontevedra
04 de novembro 2014

A parella pontevedresa logra a súa mellor clasificación nun Campionato do Mundo. En poucos días afrontarán o Mundial na modalidade Standard

Adrián Esperón y Patricia Martínez nun Campionato de España 10 Bailes Federación Española de Baile Deportivo

Bo papel de parella pontevedresa de baile deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez no Campionato do Mundo de 10 Bailes celebrado na localidade lituana de Riga.

Patricia e Adrián finalizaron no décimo oitavo posto a competición nun concurso dominado polos eslovenos Miha Vodicar e Nadiya Bychkova.

Os pontevedreses sobrepuxéronse ao incómodo frío do pavillón, usado habitualmente para deportes de xeo e que contaba cunha tarima que o cubría.

O próximo sábado 15 de novembro en Viena (Austria), a parella galega afrontará un novo Campionato do Mundo, esta vez na modalidade de Standard.