Decretan o peche das instalacións deportivas da Xunqueira por estar "en zonas inundables"

Pontevedra
26 de xaneiro 2026

A medida decretada este luns pola alerta meteorolóxica por choivas extremas afecta os campos de fútbol e pavillóns, así como ao campo de Ponte Sampaio

Campos de fútbol Manolo Barreiro
Campos de fútbol Manolo Barreiro / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra decidiu decretar o peche durante a tarde deste luns 26 de xaneiro das instalacións deportivas da Xunqueira e tamén o campo de fútbol de Ponte Sampaio.

Esta decisión provoca irremediablemente a suspensión de todas as sesións de adestramento previstas nas instalacións.

A medida foi acordada pola Dirección Xeral de Seguridade do Concello de Pontevedra debido á alerta vermella por choiva decretada no interior da provincia e en especial nos municipios da Conca do Lérez.

No caso de Pontevedra a decisión preventiva céntrase nas instalacións que se atopan "en zonas inundables".

Estes equipamentos deportivos son os campos de fútbol do Complexo Deportivo Municipal Manolo Barreiro, o campo de fútbol de Ponte Sampaio e tamén aos pavillóns Multisos e dos colexios Xunqueira 1 e Xunqueira 2.

Polo momento a medida limítase unicamente á tarde deste luns.