Defensa do liderado en Zarautz para o Cisne e partido clave para o Teucro

Pontevedra
22 de outubro 2021

A Sociedad Deportiva Teucro buscará este sábado (20.00 horas) no Municipal a súa primeira vitoria da tempada ante un equipo que, a priori, pode ser rival directo pola permanencia, mentres que o Cisne poñerá o seu liderado en xogo na pista do segundo clasificado

Irene Vilaboa, con Jabato ao fondo, no derbi de División Honra Prata entre Teucro e Cisne no Pavillón Municipal
Irene Vilaboa, con Jabato ao fondo, no derbi de División Honra Prata entre Teucro e Cisne no Pavillón Municipal / Mónica Patxot

Volve a liga na División de Honra Prata tras o parón dunha semana pola Copa do Rei, e faino cunha xornada importante para os dous equipos pontevedreses en competición.

Na casa xogará este sábado (20.00 horas, Pavillón Municipal) unha Sociedad Deportiva Teucro que busca o seu primeiro triunfo do curso tras comezar con tres derrotas nas tres primeiras xornadas. Enfronte o conxunto adestrado por Irene Vilaboa terá ao San Pablo Burgos nun choque vital para levantar o voo, co engadido de que se trata do que pode ser, a priori, un rival directo pola permanencia e os puntos poden acabar sendo importantes na segunda fase.

"É un equipo que nos vai a esixir moito. Vai xogar moito desde o lanzamento exterior con pivote fixo e temos claro que nosa defensa e o noso ataque directo ten que facerlles dano", analiza a adestradora teucrista.

A boa noticia para os azuis é que recuperan efectivos, e só o lesionado de longa duración Miguel Sío é baixa segura nunha convocatoria na que entrará o porteiro Kilian Ramírez.

En canto ao Cisne, os de Jabato viaxan ao País Vasco (sábado, 19.30 horas) para medirse ao Amenabar Zarautz poñendo o liderado en xogo, xa que se trata do actual segundo clasificado con 5 puntos, a 1 dos pontevedreses.

"É un desprazamento moi complicado", sinala o segundo adestrador, Quiños, xa que o Zarautz "empezou a liga fantasticamente, non coñece a derrota e#ante rivais complicados, non pode ser casualidade".