Demasiadas baixas para as rapazas do Leis, que caen con claridade en Madrid (4-1)

Pontevedra
24 de novembro 2014

As pontevedresas presentáronse na capital con só tres futbolistas do primeiro equipo e catro xogadoras en idade xuvenil. Son undécimas con tres puntos

Equipo feminino do Leis no partido ante o Simancas
Equipo feminino do Leis no partido ante o Simancas / Diego Torrado

Demasiadas pedras no camiño para o Leis Pontevedra na súa visita ao Humanes Basket de Madrid.

O equipo lerezano puxo todo o que tiña para competir en condicións, pero as numerosas baixas que arrastraba lastraron o seu rendemento.

O Leis presentouse na capital con só tres futbolistas do primeiro plantel, completando a convocatoria xogadoras do filial, entre elas as catro en idade xuvenil.

O partido comezou coas locais levando a iniciativa e o Leis esperando a súa oportunidade á contra. Froito dese dominio o Humanes adiantouse por medio de Rocío Prado e Alejandra antes do descanso.

Na reanudación as de David Muñoz acurtaron distancias cun gol de Anita, pero a falta de cinco minutos Sandra primeiro e despois Rocío Prado sentenciaban para as madrileñas.

A derrota deixa o Leis na úndécima praza da clasificación con tres puntos.

CLUB HUMANES BASKET (4): Alejandra, Sandra García, Rocío, Yolanda, Cristina -cinco incial- Lidia, Diana, Verónica, Sandra Morales, Rocío Prado.

LEIS PONTEVEDRA (1): Tamara, Loló, Carla, Anita, Bibi -cinco incial- Nair, Marta, Sofía.

Goles: 1-0 Rocío Prado (min.8); 2-0 Alejandra (min.17); 2-1 Anita (min.23), 3-1 Sandra García (min.35), 4-1 Rocío Prado (min.38).