Demasiado Cisne para moi pouco Bueu Atlético. Os de Edín Covelo apenas tiveron que apertar o acelerador para levarse unha cómoda e contundente vitoria nun partido que tardou moi pouco en romper do lado local.
O Bueu facilitou as cousas con numerosas perdas de balón en ataque que o fixeron estar máis de doce minutos sen anotar. A consecuencia lóxica foi o despegue do equipo local que apenas encontrou oposición nos primeiros cinco minutos de partido.
Os sete goles con que o Bueu Atlético se retirou ao descanso falan por si sós da escasa capacidade ofensiva do cadro visitante, ben suxeito pola defensa branca e por un Toño Lafuente na súa habitual liña de seguridade.
Co partido resolto, Edín Covelo aproveitou para dar minutos a todos os seus homes, o que unido á lóxica perda de intensidade evitou un resultado aínda máis avultado.
BM CISNE (35): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira (5), Pepe Camiña (3), Álex Chan (3), Edu Covelo, Rafa Dasilva (2), Pablo Picallo (6), Pablo Rey (3), Carlos Rodríguez (2), Andrés Sánchez (2), Miguel Simón (3), Javi Vázquez, Pablo Vidal (6) e Bruno Montesinos.
BUEU ATLÿTICO (18): Sergio Piñeiro, Yeray; Mauro Bacelar, Andrés Bacelar (3), Cerviño, Curra, Garrido (4), David Iglesias, Santiago Otero (1), Alejandro Piedras, Piñeiro (1), Quintáns (7), Villanueva (1), Brais (1), André e Anxo Vidal.
Árbitros: Luis Ignacio Colmenero Guillén e Laín Montes Grande (Castela e León). Excluíron por dous minutos a Álex Chan (2), Carlos Rodríguez (2) e Pablo Vidal, polo Cisne, e a Mauro Bacelar, Andrés Bacelar e Cerviño (2), polo Bueu.
Marcador (cada cinco minutos): 3-2, 5-2, 9-3, 11-3, 15-6, 19-7 (descanso), 22-8, 23-10, 26-12, 30-13, 32-17 e 35-18 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 80 espectadores.