Denis desvincúlase do Arosa sen chegar a debutar na Segunda RFEF

O Salnés
15 de febreiro 2022

O defensor malagueño, de 21 anos, chegou a un acordo co club arlequinado para a súa rescisión para incorporarse á Gran Peña-Celta C

Denis, nun adestramento do Arosa
Denis, nun adestramento do Arosa / Arosa SC

Álvaro Denis Vivar Becerra, 'Denis', non completará a tempada co Arosa.

O defensor malagueño, de 21 anos, e o club arlequinado chegaron a un acordo para a rescisión do contrato que lles unía para que o futbolista se poida incorporar á Gran Peña-Celta C que milita en Preferente.

Denis pon fin á súa etapa en Vilagarcía sen chegar a debutar na Segunda RFEF, aínda que "tentei dar o máximo en cada adestramento e axudar aos compañeiros", sinalou o propio xogador.

Formado na canteira do Málaga e tras pasar polos filiais de Rayo Vallecano e Hércules, o defensor iniciará agora unha nova etapa aínda que o fará "cunha espiña cravada por non poder demostrar o que vallo".

A pesar diso o futbolista asegura que se vai "cun agarimo enorme cara ao Arosa e a Vilagarcía".