Denis Suárez, un espello para o fútbol base pontevedrés

Pontevedra
25 de xuño 2019

O futbolista do FC Barcelona, en plena incerteza polo seu futuro profesional, protagoniza por terceiro ano un campus en Pontevedra no que compartirá adestramentos con nenos e nenas da comarca

Denis Suárez presenta a terceira edición do seu campus en Pontevedra
Denis Suárez presenta a terceira edición do seu campus en Pontevedra / PontevedraViva

Que sente ao xogar con Messi? ou, vas vir a xogar ao Celta?. Son algunhas das preguntas habituais que os nenos e nenas fan a Denis Suárez cando poden compartir tempo co futbolista do FC Barcelona.

Así o recoñece o propio Denis, que por terceiro ano consecutivo protagonizará en Pontevedra, xunto con Salceda de Caselas, un campus de fútbol base.

Será a ocasión de compartir varias xornadas de adestramento e experiencias co xogador, en plena incerteza sobre o seu futuro profesional. Valencia, Celta de Vigo e "dos opciones más" é o que ten sobre a mesa para cambiar de aires, pero antes "tengo un par de semanas para meditar", asegura.

Unha desas semanas será a que se pasará de campus na Cidade Infantil Príncipe Felipe, do 1 ao 6 de xullo, nunha iniciativa pensada para nenos e nenas entre 4 e 16 anos.

"El objetivo es que se diviertan y que quieran repetir", asegura o futbolista de Salceda de Caselas nun ano no que mira de esguello cara á próxima Eurocopa, xa que "creo que si estoy a mi mejor nivel tengo posibilidades de ir".

(Inscricións en www.escueladefutboldenissuarez.com).