Último test de pretempada para o Arosa, que este domingo recibiu no campo de Baltar, en Portonovo, ao Juvenil de Ponteareas.
Adiantouse o equipo visitante cun gol afastado de Yago que sorprendeu a Manu Táboas polo alto pouco antes de alcanzar a media hora de xogo.
Na segunda metade, a falta de 10 minutos, reaccionou o Arosa por mediación de Pablo Porrúa, que meteu ao seu equipo de cheo na loita pola vitoria.
Coas táboas no marcador, o colexiado pitou o final do encontro, que finalmente se decidiu desde os once metros.
Desta maneira e despois de 16 penaltis lanzados, foi o Juvenil de Ponteareas o que non fallou, levándose o Trofeo Portonovo.
Para este partido Jorge Otero apostou por un once inicial formado por Manu Táboas, Javi Fontán, Campillo, Ross, Cotilla, Sidibé, Mon, Rober, Diego Diz, Fajardo e Luismi, dando despois entrada a Julio, Piay, Denis e Pedro García.
A proba de lume do Arosa será a próxima fin de semana no primeiro partido de liga no que se medirá ao Arenteiro.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.