Derrota do CW Galaico feminino (5-6) no seu debut ligueiro contra o CN Coruña

Pontevedra
10 de febreiro 2015

A pesar da súa xuventude, saltaron á auga da piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para gozar dun dos poucos partidos oficiais que teñen durante a tempada. E case logran derrotar o CN Coruña, un equipo máis experimentado ca elas

Equipo feminino absoluto do CW Galaico Pontevedra
Equipo feminino absoluto do CW Galaico Pontevedra / Club Waterpolo Galaico Pontevedra

A piques estivo de dar a sorpresa o CW Galaico no seu debut na Liga Galega feminina de wáter-polo. A pesar da súa xuventude, saltaron á auga da piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para gozar dun dos poucos partidos oficiais que teñen durante a tempada. E case logran derrotar o CN Coruña, un equipo máis experimentado ca elas.

Foi un partido moi emocionante e igualado. No primeiro cuarto, ningún dos equipos foi capaz de abrir o marcador e non foi ata pasados tres minutos do segundo período cando o público viu o primeiro gol, a cargo de Yaiza para as locais.

No terceiro período, as coruñesas adiantáronse cun 2-3, pero dous goles locais fixeron que se chegase ao último cuarto cunha vantaxe de 4-3. No último cuarto mantívose a igualdade, volvendo dar a volta ao marcador as coruñesas deixando o definitivo 5-6 a falta de dous minutos.

A liga decidirase no partido de volta, previsto para o mes de maio.

CW GALAICO PONTEVEDRA: Patri, Uxía, Nahila, Yara, Sheila, Mar, Yaiza (1), Cris, Bea (1), Carlota (1), Irene (2) y Puri.

CN CORUÿA: Romero, López, Prego, Sánchez, Rocha (1), Dorado (1), Suárez (2), González, Palacios, Val y Sanjurjo (2).

Parciales: 0-0, 2-1, 2-2, 1-3

Incidencias: Encontro disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.