Derrota do Leis Feminino en casa do Valdetires Ferrol (5-4)

Pontevedra
13 de outubro 2014

O equipo local remontou nos últimos minutos logo dun vibrante encontro  

Primeiro partido de liga entre Leis Feminino e Soto del Real
Primeiro partido de liga entre Leis Feminino e Soto del Real / Diego Torrado

A punto estivo o Leis Pontevedra de sumar o seu primeiro triunfo da tempada na Segunda Divisón Feminina na súa visita á cancha do Valdetires Ferrol, pero as locais deron a volta ao marcador nos últimos minutos (5-4).

O choque arrincou con dominio ferrolano e un Leis que defendía a media pista esperando a súa opción á contra.

Esa formulación non deu os seus froitos e as locais marcháronse ao descanso cun claro 3 a 0 ao seu favor. Con todo as pontevedresas non se renderon e, xa no segundo acto, con porteira-xogador, logrou remontar con goles de Carmen (2), Gema e Ana.

Faltaban tres minutos, pero o Valdetires reaccionou para poñer o 5-4 final grazas aos tantos de Alejandra e Sheila.