O Peixe Galego desprazouse esta fin de semana a Lugo para enfrontarse ao Breogán nun partido que se antollaba complicado para os de Javi Llorente polos numerosos cambios nas súas filas durante a última semana. A pesar de que os de Marín plantáronlle cara ao seu rival durante os primeiros 10 minutos, o duelo quedou sentenciado a favor dos lucenses no segundo cuarto.
Os lanzamentos desde a liña de 3 puntos condenaron ao Peixe Galego este sábado. A precipitación dos marinenses nos tiros desde o exterior e o maior acerto dos locais, provocaron que a máxima diferenza durante o primeiro cuarto fóra de 8 puntos, que finalmente quedou reducida en 1.
Co 18-17 no marcador, comezou o segundo cuarto, momento que supuxo o punto de inflexión do encontro onde os lucenses distanciáronse para chegar ao descanso cun avultado 47-25.
A partir de aí, o Breogán pasou a dominar o que restou de partido. Baixou os brazos en determinados momentos que o Peixe aproveitou para reducir no marcador, pero de nada serviu xa que a fortaleza tanto en ataque como en defensa dos locais deixaron aos de Marín sen opcións para finalizar o encontro cun 72-56.
Consulta aquí as estatísticas do Breogán-Marín Peixe Galego.