Derrota do Pontevedra contra o Depor no primeiro amigable de pretempada (0-2)

Pontevedra
28 de xullo 2024

Primeira proba de pretemporada para o Pontevedra Club de Fútbol e primeira oportunidade de ver aos novos integrantes do plantel en acción. O encontro contra o RC Deportivo, recentemente ascendido a Segunda División, serviu tamén para descubrir o novo equipamento granate (non presentado aínda de forma oficial)  

Partido de pretempada entre Pontevedra CF e RC Deportivo en Pasarón
Partido de pretempada entre Pontevedra CF e RC Deportivo en Pasarón / Mónica Patxot

Primeira proba de pretemporada para o Pontevedra Club de Fútbol e primeira oportunidade de ver aos novos integrantes do plantel en acción.

O encontro contra o RC Deportivo, recentemente ascendido a Segunda División, serviu tamén para descubrir o novo equipamento granate (non presentado aínda de forma oficial).

Yago Iglesias apostou no once con Edu Sousa, Javi Fontán, Mario Gómez, Iago Novo, Rufo, Yelko, Chiqui, Samu, Xabi Domínguez, Garay e Marqués. Unha mestura de homes que foron importantes durante a pasada campaña e numerosas novidades.

O conxunto granate tivo moi bos minutos durante todo o encontro pero o Depor demostrou a súa condición de equipo de superior categoría para impoñerse no marcador con goles de Villares e Hugo Rama.

O primeiro tanto chegou no minuto 37 tras un balón filtrado de Yeremay a Lucas, que este cedeu dentro da área a Villares, e o segundo no 79 cun disparo de Rama que un defensor desviou ao interior da portería.

AUSENCIA DE BORJA DOMÍNGUEZ

Chamou a atención que na convocatoria do encontro Yago Iglesias non contou con Borja Domínguez, quen a pesar de ter contrato co Pontevedra, non participou nos adestramentos desta semana.

A súa ausencia fai pensar na posibilidade dunha saída negociada, que liberaría unha das 16 fichas sénior (as máximas posibles) que agora mesmo están ocupadas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora