Derrota do Voleibol Pontevedra no primeiro partido do play-off

Pontevedra
12 de marzo 2019

O conxunto pontevedrés recibía no CGTD ao subcampión da liga regular, o Calasancias Coruña, e cedeu unha derrota que lle deixa sen marxe de erro se quere meterse na final a 4 da competición autonómica

Partido do Club Voleibol Pontevedra ante o Calasancias na liga regular da tempada 18/19
Partido do Club Voleibol Pontevedra ante o Calasancias na liga regular da tempada 18/19 / Diego Torrado

Pechada a primeira fase da competición na Primeira División Galega, o Club Voleibol Pontevedra iniciaba a fin de semana o play-off polo título autonómico cun duro reto, tentar superar ao subcampión da liga regular, o Calasancias da Coruña.

As pontevedresas afrontaban con ganas de dar a sorpresa o primeiro partido da serie no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, pero o cadro coruñés non deu opción.

A compacta defensa do Calasancias facía complicado puntuar ao CVP, resultando decisivas as accións de contraataque para pechar o duelo en tres mangas.

O resultado final foi de 20-25, 14-25 e 16-25, pese ao esforzo e a intensidade das locais.

A eliminatoria viaxa agora á Coruña, onde o día 23 de marzo o Voleibol Pontevedra tentará empatar a serie para manter opcións de acceder á final a 4 do campionato galego.