Derrota do Waterpolo Galaico en Coruña (13-12) no seu primeiro partido do ano

Pontevedra
20 de xaneiro 2015

Os pontevedreses ven freadas as súas aspiracións de remontar postos na clasificación da Liga Galega

Equipo masculino absoluto do Club Waterpolo Galaico
Equipo masculino absoluto do Club Waterpolo Galaico / CW Galaico Pontevedra

Freada ás aspiracións de remontada do Club Waterpolo Galaico na clasificación da Liga Galega de 1ª División tras caer derrotado na súa visita o CN Coruña (13-12).

Os pontevedreses comezaron encaixando dous goles nos primeiros minutos, pero sobrepuxéronse para chegar con vantaxe ao descanso (6-7).

Sen embargo un mal terceiro cuarto (11-9) puxo de novo costa arriba a misión dos de Javi de Sáa, que malia todo o intentaron e chegaron a empatar a falta de dous minutos.

O maior acerto dos locais rematou decidindo un choque que deixa ao Galaico terceiro con seis puntos, a seis dos coruñeses e a nove do líder, o CW Santiago.

CN CORUÿA (13): González, Escuredo (1), García, Quelle, Gato (2), Alba, Abuin (2), García, Orozco (1), Martins (3), Iglesias (4), Blanco, Carrodeaguas.

CW GALAICO PONTEVEDRA (12): Raúl, Rober (4), Aarón, Rubén, Pablo, Mauro, Ángel, Andrés (3), Juanjo (1), Guille, Bran (2), Juan (1), Manu (1).

Parciais: 3-3, 3-4, 5-2, 2-3.