Derrota de Jéssica Bouzas nos oitavos de final do WTA 250 de Bogotá

O Salnés
03 de abril 2026

A tenista arousá segue sen lograr dúas vitorias consecutivas esta tempada tras caer en Bogotá ante a veterana Varvara Lepchenko

Jéssca Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023
Jéssca Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023 / RFET

A tempada 2026 estáselle a resistir polo momento a Jéssica Bouzas.

A tenista arousá caeu eliminada nos oitavos de final do WTA 250 de Bogotá, en Colombia, e segue sen poder encadear este ano dúas vitorias de maneira consecutiva.

Tras vencer no seu debut colombiando fronte a Tiantsoa Rakotomanga, de maneira clara, Bouzas non puido esta vez coa veterana Varvara Lepchenko.

A estodounidense, de 39 anos e número 155 do ranking, impúxose nunha dura batalla de 2 horas e 16 minutos.

O partido arrincou da peor maneira posible para a de Vilagarcía, cun 0-6 na primeira manga.

Con todo pareceu reaccionar no segundo set cun sólido 6-2.

Parecía que a remontada podía ser posible, pero Lepchenko levou o último parcial por 5-7.

A pesar deste resultado Jéssica Bouzas segue instalada no Top-50 da WTA, ocupando visturlamente o posto 47 da clasificación mundial.