As lesións non dan tregua ao Tenis de Mesa Monte Porreiro, pero o equipo pontevedrés segue a tentar ofrecer batalla na Superdivisión Masculina.
Coas ausencias de Miguel Ángel Vïlchez e André Silva por lesión e con máis xogadores arrastrando molestias, o Monte Porreiro pechaba o ano cunha complicada saída á pista do líder, o Real Cajasur Priego TM.
Foi un duelo no que, pese ao claro 4-1 final para os locais, o Visit Pontevedra ofreceu a resistencia que lle permitiron as súas forzas.
Martín Betancor viuse superado no primeiro partido, e Nico Galvano non puido pelexar no segundo polos seus problemas físicos. Aínda así con 2-0 en contra Luciando Alto rozou o punto levando a cinco mangas o seu partido con Carlos Machado.
Non logrou sumar, certificando unha derrota que maquillou Martín Betancor ao vencer o seu segundo encontro fronte a Hampus Soderlund.
Pese ao resultado final o Tenis de Mesa Monte Porreiro despide o ano desde a sexta posición da máxima categoría con 11 puntos.
Agora chegan semanas de descanso nas que, con sorte, poder recuperar forzas e efectivos para a segunda e decisiva fase da tempada.
O seu próximo compromiso na Superdivisión non se disputará até o próximo 12 de xaneiro, cando recibirá no pavillón de Príncipe Felipe o Linares, penúltimo clasificado.