O Poio Pescamar xa sabe que camiño lle espera o próximo mes de maio na súa ilusionante volta a unha fase final da Copa da Raíña.
O Palacio dos Deportes de Cartaxena, que acollerá a competición copeira do 2 ao 4 de maio, foi escenario este luns do sorteo de cuartos de final e o resto do cadro da fase final.
No que respecta ao cadro conserveiro, quedou emparellado no terceiro cruzamento de cuartos de final co STV Roldán, actual cuarto clasificado na liga.
"Repítese o partido da Supercopa, temos moita ilusión. A Copa é diferente, temos moita ilusión por volver", sinalou tras o sorteo Irene García en representación do Poio Pescamar.
Por parte do Roldán a súa xogadora Mayte Mateo prognostica "un partido moi complicado. Todos os partidos con elas son complicados e a balanza cae do seu lado, espero que cambien as cousas porque estamos na casa", afirmou tratarse dun club murciano e que xogará a poucos quilómetros da súa sede.
🏆 ¡Ya conocemos los cruces de la #CopaDeLaReinaFS!
— Futsal RFEF (@FutSalRFEF) April 14, 2025
🤔 ¿Qué equipo alzará el trofeo?
🔗 https://t.co/HOqu5bX32Ipic.twitter.com/o2vYVUW1ur
Se o equipo vermello logra superar o primeiro partido, mediríase nunha hipotética sefiminal da Copa da Raíña ao gañador do duelo entre Burela e Ourense Ontime.
Móstoles-Melilla Torreblanca e Gran Canaria Teldeportivo-FSF Castro son os outros dous partidos de cuartos de final.
A final da Copa da Raíña xogarase o domingo 4 de maio ás 16.00 horas.