Diago Quinn pecha o xogo interior do Peixe Galego

Marín
13 de setembro 2019

O pivot procede dr Hawk, da universidade de Mommouth, cos que promediou na última campaña 10 puntos e 6 rebotes por partido

Diago Quinn, nova fichaxe do Peixe Galego
Diago Quinn, nova fichaxe do Peixe Galego

O Peixe Galego pecha o seu xogo interior coa incorporación de Diago Quinn, un pívot de 206 centímetros de altura que inicia en Marín a súa primeira experiencia fóra do seu Estados unidos natal.

O xogador disputou as últimas tempadas nos Hawks da Universidade de Mommouth e na súa última campaña promedió case dez puntos e seis rebotes por partido, nos 22 minutos que está de media na cancha. "Son uns buenísimos porcentaxes", destacan desde o club.

Con esta incorporación, unida á de Sounders, o equipo da Raña ocupa as dúas fichas para estranxeiros. Con todo aínda dispoñen dunha praza para a incorporación dun xogador comunitario máis.