Diarrá e Lewis acaban coa resistencia dun combativo Pabellón Ourense (81-61)

Pontevedra
14 de decembro 2014

As pontevedresas non puideron sentenciar o encontro ata o último cuarto, no que baixou o rendemento das visitantes. O Arxil mantense na terceira posición a unha vitoria do liderado

Fallon Lewis no partido entre Arxil e Pabellón Ourense
Fallon Lewis no partido entre Arxil e Pabellón Ourense / Diego Torrado

Chegaba o Pabellón Ourense sen lograr aínda un triunfo na Liga Feminina 2 e apunto estivo de dar un desgusto ao Arxil.

As verdes tiveron que empregarse a fondo para doblegar ás ouresanas, malia que o inicio do choque auguraba un partido relativamente sinxelo.

Con moito acerto en ataque as de Mayte Méndez marcháronse 10 puntos arriba (30-20), pero o conxunto visitante mantívose no partido para aos poucos apertar de novo o electrónico.

Non foi ata o último cuarto cando as pontevedresas lograron sentenciar, principalmente polo gran acerto de Diarrá (27 puntos) e Fallon Lewis (21), ás que o Pabellón non logrou deter en todo o encontro.

Con esta vitoria, a sexta da tempada, as verdes mantéñense na terceira praza da clasificación a só un triunfo do liderado.

CB ARXIL (81): Diarrá (27), Ana Martín (10), Carla Fernández (2), María Lago (13), Fallon Lewis (21) -cinco inicial- Ana Román (4), María González (2), Jara Tuda, Sandra Entenza (2).

PABELLÿN OURENSE (61): Miriam Rollán (13), Bellido (11), Nerea (6), Mallou (16), Andrea Ríos (6) -cinco inicial- Noelia Oliva (6), Olga, Laura Álvarez (3), Sara García.

Árbitros: Posada Rouco e Pérez Freire. Sen eliminadas.

Parciais: 30-20, 12-18, 19-17, 20-6.

Incidencias: Partido disputado no pavillón do CGTD de Pontevedra.