Catro xornadas acumula sen gañar o Pontevedra, dúas sen ver porta, no momento en que deben afrontar unha das saídas máis complicadas do curso, a deste domingo (12:00 horas) ao campo do Fuenlabrada.
"Es una plantilla hecha no sólo para jugar la fase de ascenso sino para ascender", asegura Luismi.
O técnico recoñeceu na rolda de prensa previa ao desprazamento do equipo que é necesario "buscar soluciones" para mellorar o acerto cara portería, e non pechou á opción de xogar con dous dianteiros. "Puede ser", recoñeceu, como tamén a opción de volver recorrer ao esquema con tres centrais que empregou noutros encontros esta tempada.
Para o preparador granate, a clave do encontro estará en pasar o maior tempo posible en campo contrario. "Tienen gente de mucha claidad arriba, así que cuanto más tiempo esté el balón en su campo será bueno", explicou.
Tras toda a semana adestrando a menor ritmo que os seus compañeiros, Kevin Presa causará baixa por lesión, do mesmo xeito que David Castro por sanción tras a súa expulsión ante o Celta B. Polo mesmo motivo o cadro madrileño perderá ao defensor Randy Nteka.
O Fuenlabrada chega a este duelo quinto na táboa con 11 puntos, evidenciando unha dobre imaxe nos encontros que xoga como local e visitante. A cara foron ata o momento os partidos xogados ante a súa afección, nos que logrou tres triunfos (Salmantino, Fabril e Coruxo) marcando 8 goles e só encaixando 1.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Germán Cid Camacho.