Dobre derrota para o Arxil ante o Olivais portugués no Trofeo Cidade de Pontevedra

Pontevedra
06 de xaneiro 2014

As verdes cederon nos dous partidos xogados ante un equipo, o luso, que milita na primeira división do seu país

Trofeo Cidade de Pontevedra entre Arxil e Olivais
Trofeo Cidade de Pontevedra entre Arxil e Olivais / Diego Torrado

O Olivais de Coimbra, equipo da primeira división portuguesa de baloncesto, levouse o Trofeo Cidade de Pontevedra organizado polo Club Baloncesto Arxil.

O conxunto luso, quinto na súa liga, impúxose no dobre enfrontamento ante as pontevedresas celebrado durante o fin de semana.

No primeiro deles, xogado no Pavillón Universitario, caracterizouse pola igualdade ata o terceiro cuarto, cando o Olivais marchou 12 puntos arriba para finalizar cun 67-79.

Xa o domingo, no Centro Galego de Tecnificación, o guión foi similar cun 61-77 que sen embargo deixa bo sabor de boca no seo do club arxilista polo nivel defensico mostrado e por cubrir con relativo éxito a baixa de Tajay no xogo interior, coa achega nesa zona de Natalia e María.

O Arxil céntrase xa en preparar a volta á competición na Liga Feminina 2 do próximo sábado 11 ante o Cortegada en Vilagarcía.