Dobre obxectivo Mundial para Adrián Esperón e Patricia Martínez

Pontevedra
30 de outubro 2014

A parella pontevedresa, actual campioa de España, afronta nos próximas semanas os campionatos do Mundo de baile deportivo nas modalidades de 10 Bailes e Standard en Riga e Viena respectivamente

Patricia Martínez e Adrián Esperón nas rúas de Pontevedra
Patricia Martínez e Adrián Esperón nas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

Adrián Esperón e Patricia Martínez afrontan o momento cumio da tempada en baile deportivo.

A parella pontevedresa afronta con ilusión nas próximas semanas dous campionatos do Mundo, o da modalidade de 10 Bailes na cidade lituana de Riga e o de Standard en Viena (Austria).

Na primeira das especialidades é onde teñen Adrián e Patricia depositadas máis esperanzas, despois do vixésimo posto lograda hai un ano Viena.

A cita será este mesmo venres, 31 de outubro, mentres que o Campionato do Mundo de Standard se celebrará o sábado 15 de novembro.

Nesta segunda modalidade os campións nacionais intentarán mellorar o vixésimo cuarto posto logrado en 2013.